Ourense concentra a esencia das diferentes culturas gastronómicas de Galicia: da costeira adoptou a afección polo polbo, e do interior o gusto polas carnes e as verduras da horta.
Moitos dos produtos máis recoñecidos da gastronomía galega prodúcense aquí, varios deles protexidos con Denominación de Orixe: Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e D.Ou. Monterrei.
O pan, a carne, as patacas ou (por suposto) o viño son só unha pequena mostra dos ingredientes basee que con gran variedade e calidade están presentes nos nosos pratos..