Ourense é a cidade da auga. Oito pontes cruzan aquí o río Miño, que en tempos dos romanos era unha mina de ouro. Agora xa non hai ouro, pero si unhas augas moi valiosas: as augas termais.
Hainas por toda a cidade e moitas son gratuítas. Como as termas da Chavasqueira á beira do río, onde poderás gozar dun baño Zen. As augas brotan tamén a 65º en pleno centro, na fonte das Burgas, que co Santo Cristo e a Ponte Romana, son os símbolos da cidade.
Pero ademais Ourense ten unha orixinal Praza Maior... inclinada, e un casco histórico rico en igrexas e capelas. O Pórtico do Paraíso da Catedral conserva aínda a súa policromía orixinal.
E na Capela de San Cosme e San Damián, unha curiosidade descoñecida polos visitantes: aquí exponse, durante todo o ano, o belén máis sorprendente que se pode ver. E se queres animación, non te preocupes. Se algo lles gusta de verdade aos ourensáns é saír á rúa.
O visitante de Ourense debe empaparse da esencia da cidade, do elemento que orixinou o asentamento: as augas termais.