Allariz-Maceda

VALORACIONS

Os concellos que compoñen este xeodestino son: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.

Allariz, a orixe da cal remóntase ao século VI, recibiu o Premio Europeo de Urbanismo pola recuperación do centro histórico e do río. Residencia real na Idade Media, aquí foi educado o mozo Alfonso X o Sabio e non é de estrañar que a beleza da contorna inspirase algunha das súas “Cantigas”.

Patrimonio

O xeodestino posúe entre outros alicientes o Camiño de Santiago, chamado aquí Vía da Prata ou Camiño Mozárabe. Un percorrido duplo (vén bifurcado desde A Gudiña) que permite coñecer pequenos núcleos con moita historia como Xunqueira de Ambía e a súa colexiata de Santa María. O itinerario cruza Allariz e pouco máis adiante un enclave minúsculo pero con moita historia chamado Armeá, ao lado de Santa Mariña de Augas Santas e a súa igrexa, de gran tamaño e inconclusa. O castro de Armeá (onde se atoparon uns guerreiros pétreos que se poden admirar no Museo Arqueolóxico de Ourense) e ese templo-basílica foron declarados Conxunto Histórico-Artístico. Merecen visita Os Fornos da Santa que estivo a piques de perecer abrasada pero de onde foi sacada por intervención divina. 

Allariz tivo a sorte de conservar practicamente intacto o seu núcleo principal, granítico tanto nas rúas como nos edificios. A súa exemplar rehabilitación mereceu o premio Europa Nostra e hoxe a vila é un modelo do turismo sustentable galego. Os seus museos conforman unha pequena rede que, xunto coa potenciación de negocios hostaleiros “con encanto” e o cariño co que se tratou as beiras do río, atraen millares de visitantes. Xa saíndo do casco histórico hai que salientar a ponte románica de Vilanova. 

Entre os monumentos destas terras podemos destacar en Baños de Molgas a capela prerrománica de Santa Eufemia de Ambía e o santuario dos Milagres no monte Medo.

No municipo de Maceda está o castelo do mesmo nome e que actualmente está reconvertido en establecemento hoteleiro.

Á parte dos museos xa citados de Allariz, neste xeodestino podemos afondar na vida dos antigos habitantes da zona no Museo Etnográfico da Limia en Vilar de Santos ou ben en Baños de Molgas desfrutar do Museo Moncho Borrajo-Estación de Ferrocarril.

Espazos naturais

O municipio de Allariz pertence e dá nome á Reserva da Biosfera Área de Allariz, un mosaico humano e natural elaborado con séculos de paciencia e laboriosidade no que tamén está integrado Vilar de Santos. 

Dentro da Rede Natura 2000, os concellos Maceda e Vilar de Barrio forman parte do espazo natural del Bidueiral de Montederramo.

No Ecoespacio do Rexo unha intervención artística modificou un espazo natural dándolle un novo valor. 

O Centro BTT Allariz-Vilar de Santos nas súas sete rutas permítenos, en medio dunha paisaxes moi variadas, encontrar elementos arqueolóxicos e etnográficos de primeiro nivel e una extraordinaria riqueza que vai da cultura dos castros á Idade Media.

Festas e gastronomía

En Allariz con séculos de historia enriba, xa que arranca de 1317, celebran a Festa do Boi,, coas rúas de vila como escenario e nas datas do Corpus. O Entroido, de gran tradición na provincia de Ourense, ten a súa festa de interese turístico en Maceda co Entroido dos Felos.

Vista general naturaleza
sponsors